IV

Abordaxe! revista anarquista nº4

Inverno 2014
DESCARGA: ABORDAXE, REVISTA ANARQUISTA. Nº 4
OUTROS NÚMEROS

dibujoLonxe fican os tempos onde a xente sentía posible, cercana, unha insurreccion que mudara súbitamente o destino da súa vida; unha danza salvaxe na que participarían a modo de orxia destrutora, para o seu gozo e felicidade. Practicamente ninguén salvo os loucos teñen a esperanza de que algo así poidese acontecer. Mais acá estamos eses loucos, chamando as portas da revolta, un ano máis, con informacións e reflexións, para ti, para que non se poda dicir que non tentamos espallar a nosa tolemia.

Onte asistimos a un teatro aterrador no que prendían a rapazada independentista aos que coñecemos e lles chamaban terroristas, e os fechaban tras unha porta e tiraban a chave ao fondo do mar. Hoxe fixeron o mesmo cuns compañeiros que din que voaban igrexas, que eran malvados anarquistas estranxeiros, que veñen para quebrantar unha calma que nós estamos fartos de aturar. É por iso que sabemos que se son inocentes merecen a nosa solidariedade, e se son culpábeis con máis razón.

Aínda así ollamos con recelo e desconfianza, a calquer sigla ou organización que pretenda ser unha vangarda dunha loita que existe desde sempre. Porque a batalla contra esta escravitude remóntase a tempos inmemoriais, entón; non precisamos dun chiringuito que organice a forza e a raiba da xente, se non de que a xente con forza e con raiba desmonte dunha vez este chiringuito. E para iso debemos mexer, mover, conspirar, provocar, atacar e todo o que sexa preciso para mudar a realidade.

Teríamos máis que nada que perder o medo, un medo que empeza polo medo a nos mesmos, o autocontrol que nos inculcaron desde cativos, un medo que paraliza calquer proxecto ou loita alén do cauce institucional. Debemos ser creativos, espontáneos, naturais, sen medo a rachar a normalidade que nos envolve e nos fai levar unha rutina, que fai por facer, que non ten soños, nin futuro que non estexa xa marcado.

Agora é o momento, érguete, abonda xa de resignarnos á cotidaniedade do que é posible. Demostrémonos a nos mesmas que podemos ser algo máis que a engrenaxe dunha maquinaria da que non podemos fuxir. Reinventemos a nosa paixón, a nosa coraxe e a nosa vida. Fagamos o imposible.

As amigas da Insurrección

ÍNDICE:

3-10 Breve historia da piratería

11-14 Isto non é o casco vello de Donosti

15-25 O occidental abominable

26-28 Lumes e lume

29 Son un labrego

30-31 Big brother Porto

32-33 O laboratorio helénico

34-37 Campaña contra a tortura

38 Proclama da ocupación

39 Fóronse as árbores

40-51 Breve exposición da noción de territorio e as súas implicacións

52-53 Amancio Ortega. Um ejemplo a seguir por todas?

54-56 Sobre a violencia

57-60 “Miedo y asco en el chiringuito”

61-67 Conversa con A.M. Bonanno