A Editorial Abordaxe! xunto coa Distribuidora Anarquista Polaris vimos de traducir e editar en galego este texto da célula Western Wildlife Unit da Frente de Liberación Animal. O libro narra unha das campañas de activismo máis efectivas xamáis emprendidas contra a industria peleteira.
A Western Wildlife Unit foi un pequeno núcleo afín á FLA composto de activistas antiespecistas, veganxs e eco-anarquistas de orixe indíxena (da tribu Pascua Iaqui) que ademais de conectar na teoría as opresións sufridas polo seu pobo coa opresión dos animais non-humanos, lograron poñer contra as cordas á industria peleteira dos EUA mediante unha serie de potentes ataques que incluíron sabotaxes a obxectivos estratéxicos, liberacións de animais e escritos de presión dirixidos ás autoridades.
O desexo de traducilo e publicalo na nosa lingua xorde da intención de espallar todo o posible un texto que no seu día transmitiunos moitas cousas e que consideramos unha letura esencial para coñecer unha campaña militante exemplar. Este libro e as experiencias de loita que narra demostran que non fan falta grandes medios para levar a cabo accións contra as industrias de explotación animal, e que un pequeno grupo de activistas sen grandes recursos ao seu alcance pero con moita determinación pode poñer en xaque e mesmo destruír aos seus obxectivos. Algunhas persoas sufriron posteriormente duras medidas represivas cando foron detidas ou extorsionadas polos Grandes Xurados, investigadas etc; pero con todo, o tremendo dano causado a esas empresas é innegable e en moitos casos, irreparable.
Este libro publicouse o día do aniversario da morte do activista antiespecista Barry Horne, e gustaríanos adicarlle isto á súa memoria, e á memoria de todas as compañeiras e compañeiros que morreron loitando por un mundo sen gaiolas. Por Barry, por Jill, por todxs. Polxs que sufren o cárcere por ir máis alá das palabras e polxs que aínda seguen por aí e non cesan.
Para ler ou descargar o texto:
Para conseguir edicións físicas:
abordaxe@bastardi.net
Autor/a: Western Wildlife Unit / Frente de Liberación Animal
Ano: 2016
Páxinas: 70
Tradución: Editorial Abordaxe!
Deseño e maquetación: Distribuidora Anarquista Polaris
Prezo: 3 euros