X ANIVERSARIO DE ABORDAXE!

O próximo día 10 de novembro en Compostela desde a Editorial Abordaxe! celebramos o noso décimo aniversario. As piratas que facemos parte deste navío sentímonos orgullosas de presentar un novo exemplar da nosa aperiódica revista que, contra vento e mareas, fai o seu nº 7 tras cumprirse xa unha década desde que varias anarquistas irredentas de distintos lugares da Galiza acordáramos reflexar en formato papel as nosas reflexións e loitas contra o Poder. Nesta xornada tamén faremos un repaso da traxectoria do colectivo e contaremos coas actuacións de varios clásicos da música libertaria do terruño para elevar o espírito da tripulación.

A continuación deixamos a programación do evento que terá lugar no CSA de Sar (Rúa Curros Enríquez nº 28, Compostela). Durante o a xornada haberá xantar vegano e bebida a prezos populares:

ÁS 18:00H

-Charla “10 anos de Abordaxe!”

-Presentación do nº7 da nosa revista.

ÁS 20:00H concertos con:

TAIGA DUKHA

FURNIER 

O LEO I ARREMECÁGHONA