[Libros] Roza e as outras: O papel das mulleres na preparación da revolta armada no campo de concentración de Auschwitz

Hoxe é 6 de xaneiro de 2019, e cúmprense 74 anos desde que Roza Robota, Ala Gertner, Regina Zafirstain e Ester Wajsblum foron aforcadas polas SS o 6 de xaneiro de 1945 no campo de exterminio nazi de Auschwitz-Birkenau, en Polonia. As catro mulleres eran prisioneiras xudías que crearan unha rede de conspiradoras para roubar pólvora na fábrica de municións e armamento na que moitas mulleres presas traballaban escravizadas, co obxectivo de armar unha revolta que se produciu o 7 de outubro de 1944, e grazas á cal foi posible destruir un dos crematorios e vingarse axustizando a varios nazis.

Por este motivo, queremos axudar a lembrar a estas mulleres editando unha publicación co texto que xa tiñamos na web sobre a súa historia e que escribimos para que non fique no esquecemento que incluso nas condicións máis adversas e difíciles, cando todo semella xa perdido, houbo persoas que foron quen de sobrepoñerse ao medo, ao sufrimento e á desesperación para rebelarse e loitar polas súas vidas.

Á memoria das que non voltaron.
A
Ala, Ester, Regina, Roza e a todas as demais.


Descarga a publicación de balde clickando aquí (versión para lectura) ou aquí (versión compaxinada para imprimir).

Para conseguir unha edición física:  abordaxe@bastardi.net
Prezo: 1 €