O número 8 da nosa revista xa está na rúa, podes atopalo nos seus puntos de distribución habituais ou contactando con nós a través de abordaxe@bastardi.net . Tamén podes descargar a edición dixital na sección revista.
Neste número rescatamos a memoria de distintos episodios de revolta e resistencia dos que cremos que hai moito que aprender, percorremos a historia do monte veciñal galego, conversamos cun mapuche sobre a loita e a vida do seu pobo, profundamos nos conceptos de Moral e Ética; e aínda temos tempo para falar de encontros na cuarta fase con seres doutros mundos, ler poesía, practicar herexías e moitas cousas máis.
ÍNDICE DE CONTIDOS :
- A primeira folga da historia: Unha achega a (quizais) o primeiro documento escrito sobre a organización obreira x Nécora Nihilista
- O monte veciñal galego x Pabliño
- Unha ollada antiautoritaria aos conceptos de Moral e Ética x Disnomia
- Camiño cara unha sociedade sen Estado x Miquel Amorós
- Eduardo Pons Prades e a mensaxe doutros mundos x Adrián Barros
- Nütram Ina: Conversa cun mapuche
- Unha experiencia de agrarismo anarquista na Galiza: A Unión Campesina (1907-1909) x B.
- O reverso resentido (extracto de “El Feminismo Devastador”)
- O “Día da Ira”: A revolta compostelá de 1320 x Pabliño
- Julio Camba e a Illa de Arousa
- O “Corto Maltés” galego x Pabliño
- Algún día nós tamén seremos cimarróns… (texto distribuído nas rúas de Vigo e Pontevedra en agosto de 2019)
- Xs Heréticxs x Gabriel Pombo Da Silva
- Intencións (poema de Manuel Antonio)
PUNTOS DE DISTRIBUCIÓN* :
Compostela:
– CSA do Sar (Rúa Curros Enríquez 28)
Lugo:
– CS Mádia Leva (Rúa Serra de Ancares 18)
– Bodegón A Fouce (Rúa Ramón Montenegro 2-4)
Pontevedra:
– Distribuidora Anarquista Polaris (distripolaris@riseup.net)
Vigo:
– CS A Cova dos Ratos (Rúa Romil nº 3)
Lisboa:
– CSA Disgraça (Rua da Penha de França nº217A/B)
*Os exemplares físicos estarán disponibles nos puntos de venta a partir de decembro.