O próximo 6 de febreiro, as piratas embarcadas no proxecto Abordaxe! teremos unha Xornada de Presentación na cidade de Pontevedra, que contará coa presentación do novo número da nosa revista (#8), acompañada dun repaso pola historia do noso colectivo, a súa traxectoria, as súas distintas etapas e proxeccións, e polas súas perspectivas actuais.
O acto terá lugar na Librería Metáfora (R/ Travesía Charino, 9, ao carón do Teatro Principal), a partir das 19:00. Teremos revistas e materiais do noso colectivo para distribución.
Vémonos nos mares revoltos!