A historia real e documentada da piratería aseméllase ben pouco ao relato que nos vendeu Hollywood, pero resulta moito máis atractiva e sorprendente. Esta historia fálanos da loita pola liberdade, dunha anarquía marítima que puxo en perigo aos imperios en todo o mundo e paralizou o comercio naval. Millares de mariños de tódalas razas e crenzas que tomaban as decisións de maneira horizontal e repartían equitativamente o botín. Estes ensaios libertarios de democracia directa sucedidos case un século antes da revolución francesa son paradigmas de rebeldía contra toda autoridade.
—
19:00 Proxección: “Los ángeles negros de la utopía”
20:00 Charla: “Historia da piratería na Galiza”
22:00 Gran foliada aberta